O pasado luns 12 de febreiro a Real Academia Galega de Ciencias anunciou o nomeamento de José Rodríguez González como Científico Galego do Ano. Unímonos a esta homenaxe, que se celebrará o 8 de outubro, Día da Ciencia en Galicia, recordando varios artigos publicados na revista Lvcensia sobre a súa vida e obra.
Carlos Brandido Gutiérrez, Contribución dun sabio galego á determinación da forma e dimensións da terra. Xosé Rodríguez González, matemático, astrónomo e xeodesta. N. 9 (1994) ; p. 10-30.
Neste artigo Brandido fala da participación de Rodríguez na medición do arco de meridiano entre Barcelona e Formentera, das comisións das que formou parte, das viaxes científicas, e de diversas facetas na súa vida como político e deputado. Ademais ofrece valiosas valoracións e apreciacións sobre as aportacións de Rodríguez González á ciencia.
Mercedes Sampayo Yáñez, Legado científico do matemático galego José Rodríguez González, N. 35 (2007) ; p. 347-360.
Traballo presentado nas III Xornadas da Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra, AIRS. Neste artigo Sampayo fala dos numerosos proxectos nos que participou José Rodríguez, como por exemplo o enlace xeodésico da illa de Mallorca coas de Ibiza e Formentera, medíndose por primeira vez un gran triángulo xeodésico sobre o mar, entre outros proxectos igualmente notables.
Iván Fernández Pérez, Actividade científica do matemático José Rodríguez González durante a súa estadía en Madrid (1819-1823), N. 57 (2018) ; p. 141-153.
Iván Fernández fai aquí unha profunda revisión sobre os datos biográficos que se coñecen deste persoeiro. Incorpora máis novas para a súa biografía no relativo a súa estadía en Madrid como profesor de astronomía do Museo de Ciencias Naturales e como director do Observatorio Astronómico de Madrid.
Ligazóns aos traballos:
Mercedes Sampayo Yáñez, Legado científico do matemático galego José Rodríguez González, N. 35 (2007)