Colección As crónicas do viaxante
1. O pasaxeiro 19
Descición:
Un cadáver.
Iso é o primeiro que ve Miguel cando esperta sen memoria no compartimento dun tren que bordea o mar Cantábrico, resistindo as ondadas do furacán Hortensia. O seu primeiro impulso é fuxir da escena do crime, pero cando comprende que alguén o incriminou no asasinato, non lle queda outra que permanecer a bordo e intentar aclarar o misterio, sen poder baixar dun tren no que todos o perseguen e non ten moito onde se agochar. Só ten unhas horas antes de chegar ao destino. Pero pode que non sexan suficientes para asimilar a verdade que está a piques de descubrir.
Porque esta non é unha viaxe normal.
Non é, non… Isto é algo máis.
Pensas que o sabes todo sobre as historias de misterio?
Volve pensar.
2. O cuarto imposible
Descición:
Miguel meteuse en problemas. Outra vez. Estafou a xente equivocada e agora non lle queda máis remedio que facer o que sempre fai cando se ve atrapado: fuxir. Con falta de cartos e dun sitio onde agocharse, acepta a proposta dun misterioso individuo para formar parte dunha expedición dedicada a taxar as obras de arte dun estraño lugar coñecido como o Pazo Quiroga. Sete persoas sen ningunha conexión aparente entre elas, encerradas nunha mansión que oculta máis segredos dos que poden imaxinar…
… e máis portas das que poden ver.
Pero algunhas desas portas non se abren con facilidade. E outras non deberían cruzarse nunca.
3. O corazón do diaño
Descición:
1798. Foi ese o destino que o Espello de Bágoas elixiu para Miguel. A cen quilómetros do Pazo Quiroga, fronte ás costas de Cabo Lázaro, os exércitos de España e Francia intentan acabar co desapiadado pirata coñecido como Diaño, un desapiadado asasino rodeado por unha auréola de misterio que ningún puido desentrañar. Só Miguel sabe quen se oculta debaixo da máscara do corsario. Por iso intentará aproveitar esa vantaxe para chegar ata el e asasinalo, para mudar así o curso da Historia e impedir os seus futuros crimes.
Pero a chegada dun barco que se dirixe a Roma cámbiao todo. Porque a bordo viaxa un home que precisa atopar algo nesa vila antes de continuar a súa viaxe. E porque a adega dese barco oculta a resposta a un misterio que non empezará…
… ata pasados dous séculos.
Toda viaxe ten un destino.
Toda aventura ten un final.