LVCENSIA LUCENSIA ARA DE CURBIÁN SAN MIGUEL DO MONTE FELIPE ARIAS UXÍA BALLESTEROS CRUCEIROS DE LÁNCARA ARQUITECTURA INDIANA MARIÑA LUCENSE GEGUNDE MARUJA MALLO JULIA MINGUILLÓN REBOREDO PAZOS XOÁN ANLLO MUSEO DE LUGO CARLOS V ÓSCAR MURADO

LVCENSIA 67

Un novo número de LVCENSIA, revista de cultura e investigación, publicada pola biblioteca do Seminario Diocesano de Lugo.

LVCENSIA quere ser unha revista que recolla a historia e a actualidade da vida lucense. Historia e tradición, cultura e investigación son o eixo que vertebra a súa temática.

A historia está marcada por acontecementos significativos. O que recolle a revista LVCENSIA quizais non sexa algo que teña un valor transcendente na historia universal, pero si pequenos anacos de historia que conforman as nosas tradicións e os valores que conforman a vida do noso ser de lucenses.

Vestixios romanos como a ara de Curvián en Palas de Rei, cruceiros de Láncara, ou restos iconográficos en S. Miguel do Monte fálannos de antigüidade e tradición na relixiosidade da nosa terra.

Tempos máis modernos trasládannos a mostras arquitectónicas e obras artísticas que debemos coñecer para valoralas. Aquitectura indiana ou obras pictóricas recollidas no Museo Provincial ocupan a nosa atención neste número de LVCENSIA.

Personaxes que marcaron a historia da sociedade lucense son tamén aquí obxeto de estudo.

Celebracións de Xornadas, como as de Teoloxía, con anos de historia na nosa diocese e seguen espertando o interese dos lucenses.

Ven tamén a luz a través de LVCENSIA documentos históricos orixinais conservados no Arquivo diocesano.

LVCENSIA tamén se fai eco de diversas publicacións recentes con distintas recensións de libros publicados e de interese para os lucenses.

Só nos resta nesta presentación agradecer a colaboración de todos aqueles que fixeron posible que un novo número de LVCENSIA vexa a luz. Sentímonos satisfeitos por poder celebralo unha vez máis.

 

SUMARIO

 

  1. A ara galaico-romana de Curbián (Palas de Rei): contexto e recuperación

Por Felipe Arias Vilas y Uxía Aguiar Ballesteros

  1. Cruceiros, cruces, esmoleiros e viacrucis do municipio de Láncara

Por José Manuel Blanco Prado y Manuel Muñiz Besteiro

     3. San Miguel do Monte. Los paralelismos iconográficos 

Por Cristina Barreiro Abuín

  1. Arquitectura indiana en la Mariña lucense

Por Irene Bouzas Martul

  1. Los Gegunde de Gegunde. Una antigua y noble familia lucense en continua reivindicación de su hidalguía

Por David Pasarín-Gegunde Linares

  1. Becarios de la Diputación de Lugo, entre los que hubo grandes artistas como Maruja Mallo o Julia Minguillón

Por María Quiroga Figueroa

  1. El Lugo viejo: lances de honor entre periodistas

Por Julio Reboredo Pazos

  1. Xoán Anllo. In memoriam. Coleccionismo e altruísmo

Por Aurelia Balseiro García y Paula Salinas Somoza

  1. XXXVII Xornadas Abertas de Teoloxía

Por Manuel Varela Manuel

 

TEXTO

Carta de Carlos V al obispo de Lugo

Por Óscar González Murado

 

Máis información sobre o día da presentación neste enlace https://www.diocesisdelugo.org/presentacion-do-numero-67-da-revista-lvce...