Colección Periscopio

Maneiras de vivir

PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL 2020

Descición:

Maneiras de vivir comeza coma unha melodía suave que se vai convertendo nun thriller trepidante e actual que corta o alento conforme avanza. Pero tamén é unha novela dentro doutra novela, na que se mesturan ficción e realidade. Todo comeza cando un escritor topa de novo co guitarrista e cantante dun grupo de rock que admiraba de noviño e decide entrevistalo para contar a súa historia. Saen moitas emocións aí, que afectan todas a idades e condicións. E un amor incondicional pola música, que funciona como motor de todos os personaxes, mesmo nas situacións máis perigosas ou límites.

 

O efecto Frankenstein

PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL 2019

Descición:

Unha homenaxe a Frankenstein e unha lección de historia. Unha novela que reflexiona sobre a igualdade entre sexos e clases. Coma se se tratase de Alicia caendo polo tobo, Nora viaxa ata finais do século XVIII. Alí terá que disfrazarse de home e tamén de señorita; adaptarse á vestimenta e aos costumes da época para lle axudar ao seu amigo Max a solucionar o problema coa criatura que o seu irresponsable amigo Víctor creou e abandonou no seu laboratorio.

O efecto Frankenstein abre un eixe de diálogo entre dúas épocas e fainos reflexionar sobre a desigualdade de xénero, tanto no ámbito profesional coma no social.

Así mesmo, como na obra de Shelley, tamén reitera a obriga moral de cumprir coas responsabilidades e as consecuencias das nosas accións.